luns, 31 de marzo de 2025

CONTA COMIGO



O xoves 27 de marzo no cole contando coa colaboración de toda a comunidade educativa celebramos o día da narración oral galega.

A actividade organizouse dende o Equipo da biblioteca, o departamento de Lingua Galega e o Equipo de dinamización da Lingua Galega.
 
CONTA COMIGO, contos por parellas, levouse a cabo polas diferentes aulas do centro. Dende os máis cativos de infantil ata os maiores de Eso disfrutaron das lendas e dos contos.

Agradecer a colaboración de todos e todas os que fixestes posible que unha xornada de sabiduría interxeracional tivese lugar no noso cole.









 

domingo, 30 de marzo de 2025

A SINFONÍA DO CAMBIO "RRREDOBRA"



O  mércores 25 de marzo o alumnado de terceiro e cuarto de primaria fixo unha saída ó auditorio. 
Foi unha xornada de baile, ritmo, diversión... cun grupo de percusión que intentou transmitirlle a importancia da reciclaxe baixo o lema "a sinfonía do cambio".




 

CONTA COMIGO


Varios membros da comunidade educativa (alumnado, profesorado, avós,nais, pais, irmáns, primos....) van formar parellas de contacontos para sorprendernos a tod@s cos seus contos e lendas da tradición oral galega.

O alumnado agruparase por ciclos e os contacontos irán visitando as aulas que lle van ser asignadas.

Unha actividade de escoita, convivencia interxeracional... imos pasalo xenial!!!