venres, 19 de abril de 2024

CONMEMORANDO O 8 M


 Como cada 8M no cole organizamos diferentes actividades para celebrar esta conmemoración.

O alumnado de infantil e primaria fixo de xeito conxunto un mural sobre mulleres galegas significativas. Moi bo traballo rapazada, quedou así de bonito!!!



O alumnado de ESO gravou un audio CUN TOQUE DE HUMOR E CRÍTICA AOS ESTEREOTIPOS SOCIAIS.

POR UNHA IGUALDADE REAL PARA TOD@S!

No seguinte enlace podedes escoitalo e disfrutalo!!

AUDIO AQUÍ


domingo, 3 de marzo de 2024

SEMANA DE ROSALÍA

 


A semana do 19 ó 23 de febreiro o alunmando das diversas etapas educativas participou en actividades para lembrar a nosa escritora galega ilustre Rosalia de Castro.
Grazas infinitas Rosalía por ser faro e luz para a nosa língua.
A continuación un resumo do acaecido no centro.
RESUMO AQUÍ

xoves, 15 de febreiro de 2024

VIVA O ENTROIDO !!!!





Tivemos no cole varias semanas de troula e diversión. 

A continuación nos diferentes enlaces un resumo do acaecido no centro.





PROGRAMA CELEBRACIÓNS XANEIRO E FEBREIRO

 

Chegamos das vacacións de Nadal con moita enerxía e con ganas de seguir aprendendo e disfrutando xuntos. A continuación no enlace un adianto das actividades que terán lugar no centro nos meses de xaneiro e febreiro. 



Programa

luns, 20 de novembro de 2023

FESTEXAMOS O MAGOSTO 2023!!!

 


TEMPO DE MAGOSTO, DE TROULA DE COMER 

CHOURIZOS, EMPANADA, CASTAÑAS... 

E ATA DEGUSTAMOS 

CHOCOLATADA E BICA.

NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER UN RESUMO 

DO ACAECIDO NO  CENTRO PARA 

FESTEXAR O MAGOSTO.


             RESUMO EN VIDEO

xoves, 2 de novembro de 2023

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023




Despedimos outubro coa festa terrorífica do Samaín!!!

Decoramos o cole con elementos típicos desta festa e murais colaborativos interetapas dunha cidade ateigada de lixo da que os humanos do futuro tiveron que fuxir, relacionando coa liña temática deste ano como xa se explico en anteriores entradas.

As familias participaron coas suas creacións de "casiñas monstruosas" con elementos de refugallo. Un grupo de nais tamén nos contou historias terroríficas, fixo xogos polas aulas de Infantil  Primaria, así coma un obradoiro de maquillaxes de terror.

Visitounos Anxo Moure e todo o alumnado disfrutou da súa sabedoría sobre os celtas e o coidado da natureza con fermosas historias dramatizadas.

Tamén nos asinou algúns dos libros que escribiu e  quedan na biblio do cole para disfrutar a súa lectura.

A continuación un resumo do acaecido no centro onde grandes e pequenos se transformaron terroríficamente por un tempo.

VER VIDEO AQUÍ