venres, 3 de decembro de 2021

DÍA DAS CAPACIDADES DIVERSAS

Hoxe 3 DE  DECEMBRO queremos facer unha pequena homenaxe ás DIVERSIDADES do noso centro... Esperamos que vos guste..


DÍA DAS CAPACIDADES DIVERSAS 2021 - Kizoa Movie Maker

venres, 26 de novembro de 2021

DIA DA AMIZADE: 19 DE NOVEMBRO

 O pasado 19 de novembro algúsns alumnos/as de primaria uníronse á iniciativa da "Celebración da Campaña Europea da Amizade 2021", cantando e bailando a canción "Dinamita" de Samantha. O Equipo das Tic do centro agasallounos con este fermoso vídeo: 



OS MEDOS DOS MÁIS PEQUENOS

 A compañeira de Audición e Linguaxe Silvia, levou a cabo unha actividade cos máis pícaros no que despois da lectura de contos

 plasmaron os seus medos a través de diferentes debuxos moi creativos! 

A continuación amosamos algúns deles: 

Finalmente desfixéronse deles para sempre: 









RESUMIMOS O MAGOSTO DE MENDE 2021

 Coma todos os anos engadimos unha pequena mostra de todos os traballos levados a cabo para festexar o noso Magosto....



xoves, 4 de novembro de 2021

A SANTA COMPAÑA VISITOU O NOSO CENTRO.....

 A pasada tarde noite do martes 26 de outubro tivemos unha visita inesperada: A SANTA COMPAÑA!!!!. Un grupo de ánimas de mestres/as do centro percorreron o horto e a zona do muíño atrapando ao conserxe Manolo que se deixou levar....Remataron a visita cunha cea-baile e, polo que se pode ver nas imaxes, desfrutaron das nosas instalacións....

 Este acontecemento foi recollido por varios alumnos/as de 4º da ESO entre os que se atopaban Noa M.(reportaxe de vídeo) e Iago (violinista) pero destacando a axuda desinteresada de Breixo F. Chapela que fixo a montaxe e que nos agasallou con este arrepiante vídeo....Desfrutádeo.....!!!! 



domingo, 31 de outubro de 2021

LIBRO DE CONTOS DE TERROR EN PRIMARIA

 E continuamos amosando algúns dos traballos realizados polos alumnos/as do noso centro nesta semana de Samaín. Unha das actividades que plantexamos dende o EDLG foi a de continuar un "CONTO TERRORÍFICO" que tiña coma escenario principal o noso horto, tema principal de todas as actividades. Para tal fin o Departamento de Lingua Galega de Secundaria elaborou o inicio dun conto que os alumnos/as tiñan que continuar. 

Este conto inicial baseouse na adaptación dun conto de Valetín fernández Paz, " A neve interminable" e os nenos/as do noso centro adaptaron. 

A continuación podemos ver algúns dos contos elaborados polos alumnos/as: 


    Graciñas a todos/as por participar.....temos uns contos incríbles e fantásticos!!!!!


sábado, 30 de outubro de 2021

AS CONTADAS DOS PAIS E NAIS DE MENDE NO SAMAÍN

 Un grupo de nais e pais quixeron agasallar aos nosos pequenos de infantil e primaria  cunhas contadas arrepiantes no día da celebración dos festexos.....QUE SUSTOS LEVARON TODOS!!!!







RADIO MENDE: PODCAST DE SAMAÍN 2021

Como non podía ser doutra forma no noso SAMAÍN tivemos de todo un pouco e avanzamos o podcast  SAMAÍM 2021.....ARREPIANTE......


http://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/system/files/2%C2%AA%20edici%C3%B3n%20Radio%20Mende-Sama%C3%ADn%2021.mp3 

HOMENAXE AO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES 2021


NO NOSO HORTO FLORECEN LENDAS

Co gallo da celebración do Día das Bibliotecas Escolares e en consonancia coa liña temática do centro para este curso, "Medra o horto e medramos nós", o alumnado  de primaria estivo elaborando a súa planta ou froito correspondente na clase de Arts. O pasado luns 25 de outubro na Biblioteca do Centro, un grupo do alumnado de atención á diversidade rematou a tarefa, facendo as letras do lema para o mural e realizando a montaxe, que finalmente se colocou nunha parede do patio da entrada. Podemos velo na seguinte ligazón do blog de 4º de primaria 

https://entreestrelasqueiluminan.blogspot.com/




venres, 22 de outubro de 2021

ARRINCAMOS CO SAMAÍN 2021

 Xa chegou outra vez o Samaín e teremos que festexar!. Adiantamos o noso cartel de festexos e actividades:

Ó longo da semana iremos dando conta de cada unha das actividades terroríficas......


2021-22: "MEDRA O HORTO, MEDRAMOS NÓS"


Benvidos/as de novo ao blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) “ MENDE FALA GALEGO”. Unha das novidades deste curso e que temos un gran tema de centro sobre o que xirarán todas as actividades :“MEDRA O HORTO, MEDRAMOS NÓS” no que pretenderemos fomentar hábitos saudables, un consumo responsable,  actitudes de sostibilidade do noso contorno así coma unha morea de actividades que iremos debullando ao longo do curso.

Para dar a benvida non hai como un fermoso cartel : 


 

mércores, 19 de maio de 2021

XELA ARIAS POLOS CORREDORES DE MENDE

 Os alumnos/as de infantil e primaria quixeron festexar o Día das Letras Galegas 2021 facendo uns carteis con poemas de Xela Arias que adornan os nosos corredores e que recollemos no seguinte vídeo: 



RECITAL DE POESÍA NO DÍA DE XELA ARIAS....

Un pequeno grupo de alumnos/as da ESO xunto co seu profesor de música renderon unha pequena homenaxe a Xela Arias cun recital dos seus poemas máis coñecidos....


 

xoves, 13 de maio de 2021

HOMENAXE A XELA ARIAS

 Este ano as Letras Galegas 2021 renden homenaxe á figura de Xela Arias, e os máis pequenos/as do noso centro quixeron colaborar facendo unha cartelería con algúns dos seus poemas máis coñecidos....









luns, 3 de maio de 2021

MENDE RECOMENDA....

 Unha das actividades para a Semana do Libro foi a de dar a oportunidade de recomendar lecturas interesantes ao resto da Comunidade. Recollemos un vídeo con ditas aportacións: 



RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS DOS NENOS/AS DE MENDE

 Os nenos/as de Infantil e Primaria fixeron unha serie de RECOMENDACIÓNS DE LECTURAS aos seus compañeiros/as. Un pequeno resumo gráfico da actividade: 

   
  
 

 





luns, 26 de abril de 2021

xoves, 15 de abril de 2021

QUENTAMOS MOTORES PARA O DÍA DO LIBRO E AS LETRAS GALEGAS 2021

 O mes de abril no noso centro comeza con propostas variadas para festexar o Día do Libro e a Xela Arias, poeta das Letras Galegas 2021. 

 Deste xeito as nosas propostas para ir traballando avanzámolas a continuación: 
Iremos informando dos  traballos....