venres, 24 de febreiro de 2023

13 FEBREIRO - DÍA MUNDIAL DA RADIO

 


Proclamado en 2011 polos Estados Miembros da UNESCO e adoptado pola Asamblea Xeral das Nacións Unidas en 2012 como Día Internacional, o 13 de febreiro convertiuse no Día Mundial da Radio (DMR).

O tema da 12ª edición do Día Mundial da Radio, que se celebra hoxe, 13 de febreiro de 2023, é "Radio e Paz".

Esta é a razón pola que o apoio á radio independiente debe considerarse parte integrante da paz e a estabilidade. No Día Mundial da Radio 2023, a UNESCO destaca a radio independiente como pilar para a prevención de conflitos e a consolidación da paz.

Dende o Centro, para celebralo, compartimos hoxe a cuña radiofónica, realizada por un grupo do alumnado para publicitar o centro neste mes de Portas Abertas.

Premendo no seguinte arquivo pode escoitala.

CUÑA RADIO

TEMPO DE ENTROIDO E MOITA TROULA!!!!




Os máis pequenos, o martes 31, comezaron o entroido co Domingo Fareleiro, que nos convertemos en Papeleiro. 

O luns, día 6, celebramos o Domingo Oleiro, transformado en Luns Peloteiro, e rematamos a semana co Xoves de Compadres coa correspondente carreira, no tempo de lecer, entre todas as etapas, para salvar ou estragar o Compadre segundo corresponda.

O luns, día 13, comezamos a semana cos mandadiños  da DRUIDAS, convertindo cada día desta semana en troula e diversión. Tivemos a visita dos Felos de Esgos na ESO. O xoves 16, tiveron o seu momento as Comadres, con carreira coma no xoves anterior. 

O venres 17 desfile dende o cole ata as pistas de atletismo do Campus Universitario.

 Este ano a tema do desfile estivo relacionada coa Liña Temática deste curso "Exploramos e coñecemos a nosa contorna".

Así o alumnado disfrazado (traxes elaborados no centro e coa colaboración das familias) de Castrexos por unha banda e Romanos por outra escenificaron o Pacto de Paz, recollido na Tésera conservada en Celanova, para unha boa convivencia no Castro de San Tomé que temos na contorna do Centro e sobre o que leva investigado o alumnado.

Podedes ver un resumo premendo nos enlaces seguintes:


Arrancamos o entroido!!!

Mandadiños da druida

Corredoiro, visita dos Felos de Esgos e Comadres.

DÍA DO DESFILE




    

martes, 7 de febreiro de 2023

sábado, 4 de febreiro de 2023

CELEBRANDO O DÍA DA PAZ




O pasado luns, día 30 de xaneiro de 2023, coma cada ano, celebramos no centro o día da paz.

No patio reuníuse toda a comunidade escolar para cantar e bailar a canción "Cantarela dos nenos" basada no poema de X. Neira Vilas, rematando coa lectura do correspondente manifesto.

A continuación, no seguinte enlace. podedes ver o resumo das actividades feitas.


CONTO RESUMO ACTIVIDADES PAZ


PROGRAMA RADIO POLA PAZ