venres, 24 de abril de 2020

VÍDEO SEMANA DO LIBRO EN GALEGO EN MENDE


O idioma
é a forza
que nos xungue e sostén
se perdemos a fala
non seremos ninguén
                                                                 Manuel María
Bo día a tod@s... Achegamos o vídeo recopilatorio da SEMANA DO LIBRO “EN GALEGO”.
Grazas a tod@s por participar.
Un saúdo e a seguir lendo......



xoves, 23 de abril de 2020

NO DÍA DO LIBRO ...UN AGASALLO MOI ESPECIAL.....

A compañeira de 1º de Primaria, a mestra  Mª Ester Prieto fainos un agasallo moi bonito neste día...
UN SAÚDO E MOITAS GRAZAS COMPAÑEIRA.

martes, 21 de abril de 2020

RETO PARA A SEMANA DO LIBRO

Esta semana festexaríamos a SEMANA DO LIBRO e moitas cousas tíñamos planeadas así que...temos que adaptarnos as novas circunstancias! e dende o Equipo de Dinamización de Lingua Galega queremos PROPOÑERVOS UN PEQUENO RETO a toda a comunidade educativa:  

Facede unha foto dun LIBRO EN GALEGO (podedes saír vós si queredes ou non) que recomendariades a outros compañeir@s, enviade a foto ao 699114362 ou por electrónico a mendeourense1@gmail.com e despois algo divertido faremos e subiremos ao blog.....
Animádevos a participar e a difundir a lectura en lingua galega....

martes, 7 de abril de 2020

NOVAS LECTURAS PARA DESFRUTAR DURANTE AS VACACIÓNS...


Baía Edicións libera un compendio de libros para nenas e adolescentes desde os 4 até máis de 12 anos e que poderedes atopar no seguinte enlace:
Tamén podedes descargalos de balde polo que engadímosvos as propostas e as diferentes idades que van recomendados:
 PARA 4-6 ANOS
-       NUBE BRANCA QUERE SER ASTRONAUTA, de Pablo Nogueira e Manuel Uhía (ilustracións)DESCARGA.
-       UN DÍA DE TREBOADA, de María de Mata e Mariana Riestra (ilustracións). DESCARGA.
-       O DRAGÓN COMEMEDO, Ruán (texto e ilustracións). DESCARGA.
 PARA 7-8 ANOS
-       A CASA MÁIS ANIMADA DO MUNDO, dCristina Sáez Cazallas e Almudena Aparicio (ilustracións). DESCARGA.
-       O TEMPO DO REVÉSMaría SolarArturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA.

PARA 9-10 ANOS
-       BOA SORTE, de María SolarArturo Iglesias e Xosé Tomás (ilustracións). DESCARGA
-       MOKO, Cristina Sáez Cazallas e Fernando Juárez (ilustracións). DESCARGA.

 PARA MAIORES DE 12 ANOS
-       A HERDANZA DO MARQUÉS, de Conchi Regueiro e Noemí López Vázquez (ilustracións). DESCARGA.
-       DIARIO DUNHA NOITEBOA, de Jacobo González OutesDESCARGA.
-       LILIPUT, de Manuel Lugrís Rodríguez. DESCARGA.

Non hai desculpa para NON LER .....Desfruta



xoves, 2 de abril de 2020

ENTRETEMENTO DENDE O CPI DE MENDE


Seguimos coa nosa labor de información e formación en lingua galega e contamos cunha serie de materiais educativos en galego de balde ofertados polo Consorcio Editorial Galego que poden axudarnos a facer máis levadía esta situación excepcional de estar nas nosas casas.
Dentro das diferentes opcións (lecturas, vídeos, cómics) podedes atopar os seguintes materiais:

- Descarga de lecturas  de balde para tódalas idades da Campaña "Con vós na casa” da Editorial Bahía Edicións https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/
- Dende o Grupo “ A Xanela do Maxín” podemos ollar o vídeo completo do conto “Atoupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” e que a podedes atopar na ligazón https://www.youtube.com/watch?v=ZPzYVO5Jx9Y.
-  Editorial “Kalandraka” segue a agasallarnos con máis contos para os pequenos/as  que podemos desfrutar na seguinte ligazón http://www.kalandraka.tv/gl/
- Para os mozos/mozas recomendamos o Cómic “ Carriandola” da Editorial Aira e que o podedes atopar en formato PDF https://airaeditorial.gal/noticias/le-de-balde-novo-comic carriandola/
 Editorial “Moito Conto” permite acceder a diferentes xornais dixitais e cómics como O Papagaio http://www.edicionsmoitoconto.com/2018/10/o-papagaio-dixital.html 
Esperamos que os desfrutedes…..Ánimo a tod@s.

mércores, 1 de abril de 2020

TOD@S XUNT@S.....

O CPI de Mende quere aportar iniciativas de entretenemento nestes días tan difíciles e dende o noso blog de Dinamización da Lingua Galega “ Mende fala en galego”  suxerímonosvos unha serie de actividades e portais con actividades variadas para tódalas idades.

Comezamos engadindo INICIATIVAS DE OUTROS CENTROS EDUCATIVOS: 
O alumnado de 2.º de bacharelato do IES Taboada Chivite quixo animar a toda a comunidade educativa e agradecerlles a todos os sectores comprometidos coa cidadanía a súa loita e compromiso nestes duros momentos que nos toca vivir. Velaquí a súa achega.  https://youtu.be/6PuuxgRCKaY
O CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño achégannos esta versión bilingüe do coñecido conto dos tres porquiños. Os pequerrechos e as pequerrechas de educación infantil escribiron o texto en versión bilingüe (galego e inglés), crearon as ilustracións e puxéronlle voz: https://www.youtube.com/watch?v=nUJWw_dNkG4
O EDLG do CEP Altamira realizou esta versión da canción “Afouteza” de Ruxe Ruxe para que o alumnado a poida cantar na súa casa: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepaltamira/node/479

Ao mesmo tempo parecennos moi interesantes BLOGS E RECURSOS postos en marcha por diferentes canles (Xunta de Galicia, colectivos de mestr@s de Galicia, editoriais coma Kalandraka....) que achegan contidos e actividades para os máis pequenos e que procuran aportar iniciativas para que as nais e pais galegos teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos/as e que continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento. A continuación engadimos algúns enlaces que nos pareceron moi interesantes:


Esperamos que sexan do voso interese. TOD@S XUNT@S NO CONFINAMENTO....