mércores, 30 de marzo de 2022

POEMAS VOADORES!

Co gallo do “DÍA DA POESÍA” o 21 de MARZO no centro fixemos una actividade moi divertida a que chamamos “POEMAS VOADORES”. Consistiu en que cada etapa educativa elaboraran o seu avión de papel que contiñan poemas escritos. Na hora do tempo de lecer os alumnos/as da ESO lanzaron para polas fiestras ditos poemas aos nenos/as de primaria e no patio dos alumnos/as da ESO fixeron o mesmo aos alumnos de infantil e primaria. A continuación unha reportaxe de dito acontecemento. 












DÍA DA ÁRBORE 2022

Na semana do 21 de marzo e para festexar o DÍA DA ÁRBORE dende o EDLG propuxéramos de forma voluntaria traer unha ficha cuberta dende o ámbito familiar na que se recollía a árbores preferidas coas características máis salientables. A continuación axuntamos un pequeno resumo da actividade. Coma sempre rematará en forma de libro e estará na biblioteca que sirva de consultar a todo o alumnado. Podédelo atopar no RECUNCHO DAS NOSAS CREACCIÓNS. 













Non podemos esquecernos doutra das actividades propostas dende o proxecto de Educación Vial e na que o EDLG participou, para festexar o Día da árbore. Axuntamos o fermoso vídeo elaborado polo Equipo das Tics.



martes, 8 de marzo de 2022

REINVINDICANDO O 8 DE MARZO

Co gallo dos festexos para reivindicar a igualdade neste día tan sinalado, o EDLG propuxera a elaboración por cursos dunha pequena actividade. Consistía en que en cada titoría elixira unha  figura dunha MULLER que destacara este último curso 2021-22 nalgunha actividade que lles resultara curiosa. Coma condición: tiña que ser galega e muller!!! Estas foron as homeneaxedas: 

                     En Educación Infantil : AS TANXUGUEIRAS


Os alumnos/as de 1º de primaria: SUSANA RODRÍGUEZ 


Os alumnos/as de 2º de primaria: MIRYAN GALLEGO

Os alumnos/as de 3º de primaria: SOFÍA DE MERCEDES HASELGRUBER DE FRANCISCO

Os alumnos/as de 4º de primaria: CRISTINA PATO
Os alumnos/as de 6º de primaria: AROA OUTÁN









Os alumnos/as de 5º de primaria realizaron unha entrevista (da cal daremos conta) a MARÍA RODRIGO YANGUAS, recoñecida xadrecista!!



PARABÉNS A TOD@S!!!!

CAMISETAS GAÑADORAS EN INFANTIL E PRIMARIA NO CONCURSO DE ROSALÍA DE CASTRO

Temos que anunciar dous gañadores no concurso de deseño de camisetas na Semana de Rosalía e que recibiron un premio dotado de 30 euros para consumir nunha das librerías amigas! Estes alumnos foron Roi de 5º de Educación Infantil 



e Xián de 1º de Educación Primaria



PARABÉNS!

xoves, 3 de marzo de 2022