mércores, 21 de decembro de 2022

CONTACONTOS


O alumnado de EI e o primeiro ciclo de EP pasouno.... XENIAL!!

Compañeiros e compañeiras de ESO contáronlles o conto do Coelliño Branco.

No video que se recolle a continuación podedes ver canto gozaron. 

Parabéns chicos e chicas e a seguir preparando máis, os máis cativos encantados de escoitarvos.


 






 

luns, 12 de decembro de 2022

venres, 9 de decembro de 2022

LECTURAS RECOMENDADAS



TEMPO DO NADAL, DA MAXIA, DE PROPOÑER NOVOS OBXECTIVOS PARA UN NOVO ANO QUE A PIQUES ESTÁ DE COMEZAR...

TEMPO DE ESTAR COA FAMILIA E AS AMIZADES, DE DISFRUTAR DO TEMPO LIBRE E DUNHAS  MERECIDAS VACACIÓNS!!!

O Equipo de Dinamización da Língua Galega en colaboración co Equipo da Biblioteca recopilamos para as diferentes idades, unhas recomendacións de lecturas, dun traballo de investigación feito a diferentes membros  da comunidade educativa.

ÁNIMO ESCRIBIDE AS CARTAS E PEDIDE ALGÚNS ... AÍNDA ESTADES A TEMPO DE QUE O APALPADOR OU OS REIS MAGOS VOLOS TRAIAN!!!

NA BIBLIOTECA DO COLE TAMÉN OS PODEDES ATOPAR E ... DISFRUTAR DA AVENTURA DA LECTURA!!! ATRÉVESTE?