venres, 30 de outubro de 2020

AS CABAZAS SOBREVOAN MENDE

Ola a tod@s.....

Queremos dar as grazas ás familias pola excelente acollida e participación na actividade da decoración das cabazas. Recibimos tantas e tan fermosas que so puidemos escoller unha de cada neno/a para facer o vídeo homenaxe ao voso traballo. Deste xeito coa vosa axuda podemos facer sentir aos nenos/as que xunt@s superaremos as dificultades. Ánimo...

Moitas grazas a tod@s.

A Desfrutalo.....

 


 

martes, 27 de outubro de 2020

PRESENTACIÓN DENDE O EQUIPO DE BIBLIOTECA

Dende o equipo da biblioteca fannos chegar esta presentación do libro VIOLETA QUERE SER VAMPIRA.....botádelle un ollo e a desfrutalo.



luns, 26 de outubro de 2020

A SEMANA DO SAMAÍN EN MENDE

Como non podía ser doutro xeito festexaremos ao longo desta semana O NOSO SAMAÍN. Diferente a outros anos pero non por elo menos monstruoso……Xa chegaron as fotos das cabazas e ao longo da semana poderedes ver unha montaxe con todas as vosas creacións arrepiantes…..Namentres podedes ir botándolle un ollo aos seguintes vídeos e contos de You Tube por se queredes divertirvos.....


 
 
 

   
 


 

 

venres, 23 de outubro de 2020

QUE ANDAN ARGALLANDO POLO CPI DE MENDE....?

Este curso comezou andar con moita incerteza, pero a Comunidade Educativa de Mende non somos moito de andar con medo, así que buscamos un proxecto que nos dera un pouco de ánimo e buscando, buscando.... demos co lema para traballar neste curso:

O ALUMNADO DE MENDE ANDA NA PROCURA DUNHA PATRULLA DE SÚPER HEROES/HEROÍNAS.

Vamos precisar axuda de tod@s para poder levar o curso co ánimo ben alto e, pediremos colaboración ás familias en moitas actividades, dándolle relevancia ás novas tecnoloxías....Estade moi atent@s .....seguiremos informando......