martes, 23 de febreiro de 2021

DÍA DE ROSALÍA....

Esta mércores 24 de febreiro festexaremos o “DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO” e dende o centro estamos preparando unha morea de cousas....vamos abrindo boca estes murais fermosísimos dos alumnos/as de 1º de primaria coa axuda da titora Susana e a mestra de PT María.....

 
 


 

 

 

 

 

 

 

 En Infantil e Primaria faremos uns bandeiras coa cara da nosa poetisa elaborados polos alumnos/as e que serán o acompañamento perfecto para o RAP do poema de ADIÓS RIOS , ADIÓS FONTES interpretado polos alumnos/as de 6º de primaria, acompañados polo resto do alumnado que cantará  un RETROUXO moi particular :

Que facía Rosalía?

Rosalía escribía?

Que escribía Rosalía?

Escribía poesía.

Realizaremos unha gravación e nos próximos días a desfrutaredes......

Ese mesmo día contamos con 2 actividades máis:

-         -  Nun mural branco teremos a nosa SÚPER HEROÍNA ROSALÍA que estará acompañada polos versos dos seus poemas máis coñecidos.

-          - Tentaremos facer un mural “ POP ART” coas diferentes caras de Rosalía que decoraran as nosas paredes.

Na etapa de Secundaria levan días traballando na lectura dos poemas de Rosalía e farán unha gravación co poema seleccionado que se poderá escoitar ao longo destes días....


 

domingo, 7 de febreiro de 2021

ENTROIDO 2021

Arrancamos o Entroido en Mende.....

Temos unha semana por diante para festexar.... e un MECO DIFERENTE.
Este ano recuperamos a figura de Xesús Jares, o noso súper heroe, que nos vai ir dando ordes ao longo de 4 días: 
    o luns 8.....decoramos a cabeza
    o martes 9 ....calcetíns diferentes....
    o mércores 10...será o día dos brillos
    o xoves 11....zapatos diferentes para persoas diferentes.....

O gran día, o venres 12 será festa rachada...xa iremos dando máis pistas.....

Pero os nosos/as pequenos/as de Educación Infantil xa estiveron quentando motores e festexaron  comadres e compadres.....unha pequena mostra do que desfrutaron....