luns, 28 de novembro de 2022

CELEBRACIÓN 25 N

 


O pasado venres, día 25 de Novembro, no noso centro conmemoramos o Día para a eliminación da violencia contra a muller. Toda a Comunidade Educativa participou nun acto musical de percusión coa canción de  Sés, "E ti, só ti".

No video que se recolle a continuación podedes ver un resumo de todas as actividades realizadas no centro ó longo da semana.

 PREMA AQUÍ PARA VER O VIDEO


A radio tamén tivo o seu oco, un grupo de membros do alumnado de cada etapa educativa do centro gravou un programa colaborativo

No seguinte enlace podedes escoitalo.

PROGRAMA RADIO



luns, 21 de novembro de 2022

PROGRAMA ACTIVIDADES PARA CELEBRACIÓN DO 25 N


 



O vindeiro venres  conmemorase o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. 

Na actualidad, a violencia contra as mulleres e as nenas é unha das violacións dos dereitos humanos máis extendidas, persistentes e asoladoras do mundo. A desigualdade entre os xéneros persiste en todo o mundo. 

Acabar con ela requiere esforzos enérxicos para combater a discriminación profundamente enraizada, que a miúdo é consecuencia de actitudes patriarcais e das normas sociais que estas conlevan.

Na imaxe anterior podedes ver o PROGRAMA coas actividades que dende o cole se van levar a cabo.


PLANTANDO ÁRBORES CON PINCEIS

 




O pasado xoves 17 de outubro celebrouse unha actividade de pintura (Plantando árbores con pinceis) no centro, ofertada pola Afundación Obra Social Abanca, con monitores que dirixiron a actividade tanto de pintura (fotocatalítica, anticontaminación que absorve o CO2 do ambiente), sobre muro no comedor, coma no obradoiro de pintura de bolsas de tea na Aula de Plástica. 

A continuación unha mostra desta actividade:

VEXA AQUÍ O VIDEO!


 


sábado, 19 de novembro de 2022

BAILANDO POLA AMIZADE



O alumnado de infantil e primaria  creou mensaxes e bailou pola amizade. 

Este ano, o 11 de novembro, os nenos e nenas de varios países europeos participaron nun mesmo baile en favor da amizade.
Debido á  festividade do San Martiño fixemos a actividade esta semana. 

O obxectivo da Campaña Europea da Amizade é crear un compañerismo positivo que inclúa a tod@s e reduza o sentimento de soedade nos nen@s ó mesmo tempo que fai fincapé na diversidade e nas diferenzas de todas as persoas.

A continuación, podedes ver canto disfrutaron coa actividade, no  video que fixemos  o Equipo de Dinamización da Língua Galega.










 

luns, 14 de novembro de 2022

CELEBRANDO O MAGOSTO 2022

 



Recollese un resumo da festa do Magosto, celebrada o pasado xoves, día 10 de novembro,  onde participou todo o alumnado do centro. 

Tivemos momentos de xogo, diversión e tamén tempo para comer chourizos, tomar chocolate con bica...

Podedes velo no enlace que se recolle a continuación:

VIDEO RESUMO DA FESTA

 


mércores, 9 de novembro de 2022

CONCURSO POSTAIS NADAL 2022

 


No cole de Mende xa comezan os preparativos de cara o Nadal. 
Unha época cargada de moita maxia e ilusións. Este é o cartel onde se recollen as bases para o concurso de postais deste ano 2023 onde Pablo Picasso será o tema sobre o que versarán as imaxes e os lemas. Conmemórase o 50 aniversario da morte do gran pintor e escultor español precursor do cubismo.
A polo premio aínda que o MÁIS IMPORTANTE SEMPRE É DISFRUTAR DA PARTICIPACIÓN.

martes, 8 de novembro de 2022

UN LIBRO SOBRE SERES DE MEDO GALEGOS


 



Este ano polo Samaín todo o alumnado de Infantil e Primaria confeccionou un libro sobre seres de medo galegos. No video podedes ver o ben que o fixeron. 

A actividade foi levada a cabo polo Equipo de Dinamización da Língua Galega en colaboración co equipo da Biblioteca.

Estas semanas o libro viaxará polos diferentes cursos e logo poderemos atopalo no recuncho da biblioteca adicado ás nosas creacións.


PROGRAMA MAGOSTO 2022



En poucos días teremos unha xornada de xogos diversos para todo o alumnado e un xantar no patio onde ademáis dos tradicionais chourizos e castañas...teremos BICA E CHOCOLATE!

 

xoves, 3 de novembro de 2022

RADIO MENDE POLO SAMAIN





Radio Mende xa volve de novo ás ondas... A continuación premendo nos enlaces podedes escoitar por unha banda a primeira emisión deste curso adicada a presentación do mesmo e tamén do programa de samaín; e unha segunda emisión onde se recolle o conxuro e varios relatos de terror. 


 

CELEBRANDO O SAMAÍN




O venres 28 de outubro no cole de Mende festexamos o Samaín toda a comunidade educativa.

Participamos en diversas actividades: merenda pequeterrorífica, contacontos do alumnado de sexto ó alumnado de infantil e primaria. Co conto  de Fiz o coleccionista de medos liberámonos todos dos nosos medos... Tamén houbo por parte do alumnado de Eso ó resto do alumnado a representación da Santa Compaña e unha pasaxe do terror... entre outras moitas.

A continuación recollense no enlace videos de toda a festa.

PREMA AQUÍ

CONTO "FIZ O COLECCIONISTA DE MEDOS" COA VOZ E MÚSICA ADAPTADAS

mércores, 2 de novembro de 2022

MONSTRUOS FEITOS EN FAMILIA!


Dende o Equipo de Dinamización da Língua Galega pedimos a colaboración ás familias para que confeccionaran monstruos con material de refugallo, dado que este curso temos como temática común no centro "Coñecemos e coidamos a nosa contorna".
Na foto podedes ver algunhas das creacións.
Non podemos máis que agradecervos as familias o gran traballo que levastes para mandar uns monstruos terroríficos. MOITAS GRAZAS POR COLABORAR!!!



 

CONCURSOS NO SAMAÍN.

 


Este ano o alumnado participou polo Samaín en dous concursos. Un de Micropesadelos e outro de Cartaz terrorífico. O premio para cada concurso é un vale de 40 euros para tenda de deporte ou librería.