sábado, 30 de xaneiro de 2021

EN MENDE TODOS OS DÍAS TRABALLAMOS O DÍA DA PAZ

 Outro ano máis por estas datas no noso centro festexamos o 30 de xaneiro no que se conmemora “O DÍA DA PAZ”. 

O alumnado e profesorado estivo estas semanas elaborando pequenas actividades que resumiremos:

Fíxose una grande árbore cunha mensaxe “UTILIZAR AS VERBAS COMO SOLUCIÓN AOS CONFLITOS” que é o lema diario do centro.

Adicamos a nosa homenaxe a figura de Xesús Jarés un profesor galego defensor da educación para a paz e a convivencia. A mestra Susana titora de primeiro de primaria realizou un gran mural co seu retrato . 

O EDLG encargouse de repartir poemas de Antonio García Teijeiro ”Bicos e non balas” que tras ser traballados nas aulas decoraron o mural.  

Os alumnos/as da materia de Plástica da ESO aportaron o seu gran de area cun pequeno mural con caricaturas de Xesús Jarés. 













Tamén recollemos outras actividades: 




















Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria relizaron un gran mural

 










O venres 29 o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria fixo unha carreira pola Paz, por niveis e como meta un mural co lema Mahatma Ghandi: "Non hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño" no que cada un pegou un corazón ao chegar.

                                                                                        e o mural quedou espectacular!

os nosos/as corredores pola Paz quixeron inmortalizar o momento......