Outro ano máis por estas datas no noso centro festexamos o 30 de xaneiro no que se conmemora “O DÍA DA PAZ”.
O alumnado e profesorado estivo estas semanas elaborando pequenas actividades que resumiremos:
Fíxose una grande árbore cunha mensaxe “UTILIZAR AS VERBAS COMO SOLUCIÓN AOS CONFLITOS” que é o lema diario do centro.
Adicamos a nosa homenaxe a figura de Xesús Jarés un profesor galego defensor da educación para a paz e a convivencia. A mestra Susana titora de primeiro de primaria realizou un gran mural co seu retrato .
O EDLG encargouse de repartir poemas de Antonio García Teijeiro ”Bicos e non balas” que tras ser traballados nas aulas decoraron
o mural.
Os alumnos/as da materia de Plástica da ESO aportaron o seu gran de area cun pequeno mural con caricaturas de Xesús Jarés.
Tamén recollemos outras actividades:
Os nenos e nenas de primeiro e segundo de primaria relizaron un gran mural
O venres 29 o alumnado e profesorado de Infantil e Primaria fixo unha
carreira pola Paz, por niveis e como meta un mural co lema Mahatma Ghandi: "Non
hai camiño para a Paz, a Paz é o camiño" no que cada un pegou un
corazón ao chegar.
Ningún comentario:
Publicar un comentario