domingo, 17 de setembro de 2023

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

 



Este curso elaboramos a Proxecto de dinamización da lingua galega arredor do proxecto común de centro “MENDELIANOS Ó RESCATE”

Centrado na película Wall-E estreada no ano 2008, dirixida por Andrew Stanton, producida por Pixar Animation Studios e distribuida por Walt Disney.  

Nela retrátase unha escura realidade e un futuro que non está tan lonxe da especie humana, onde o consumismo e a irresponsabilidade dos humans na sociedade capitalista acaban coa vida na terra. Está cargada de valores: esforzo, amizade, solidaridade, empatía... 

É unha película social, ecolóxica e anticonsumista. Cargada dunha mensaxe de aviso pero tamén de esperanza.