mércores, 29 de marzo de 2023

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL




   Chega o Día Internacional do Libro Infantil o vindeiro 2 de abril, o concello de Ourense lanza a seguinte actividade de Contacontos na Biblioteca da Carballeira, así como desconto nas librerías o venres 31 de marzo.


CELEBRACIÓNS PRIMAVERA

 



Chega a primavera e dámoslle a benvida cunha morea de actividades. Contacontos polo día mundial do síndrome de Down, plantamos árbores no noso xardín e recitámoslles poesía para que prendan ben e medren co noso cariño.

VIDEO AQUÍ

8 MARZO




NO CENTRO FIXEMOS DIVERSAS ACTIVIDADES PARA RECOLLECER O PAPEL DA MULLER. NO SEGUINTE ENLACE ESTÁ UN VIDEO CO RESUMO DAS MESMAS

8 M NO CENTRO 

mércores, 1 de marzo de 2023

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO


 O pasado xoves, 23 de febreiro, conmemoramos no Centro o Día de Rosalía de Castro, cun pequeno acto no patio, durante o tempo de lecer do alumnado. 

Tamén elaboramos entre as diferentes etapas un mural cos debuxos das caras de Rosalía e outro mural cheo de rosas e poemas da escritora.

Logo, nas distintas titorías, tivo lugar un intercambio de rosas con poema e photocall rosaliano.

PREME AQUÍ PARA VER O RESUMO.