luns, 31 de xaneiro de 2022

VÍDEO CONMEMORATIVO DA PAZ

 Engadimos un resumo feito por unha compañeira da actividade do DÍA DA PAZ.....



AS PEGADAS POLA PAZ

Outra das actividades que fixemos nesta festividade foi “AS PEGADAS DA PAZ”. Consistiu en ir poñendo polos corredores do centro unha serie de pegadas con diferentes lemas en diferentes idiomas que os rapaces percorreron traballando os conceptos propios do día. A continuación engadimos un vídeo resumo:





DÍA DA PAZ 2022

Como non podía ser doutra maneira festexamos o 30 DE XANEIRO. Unha das actividades que se desenvolveron dende primaria foi o AGARIMÓMETRO, actividade que comeza nesta semana pero que perdurará ata o mes de xuño. Consiste en que en cada clase se elaboren mensaxes con cualidades positivas dos compañeiros/as sendo un alumno/a o responsable semanal da actividade, o que deberá escribir mensaxes que o venres se poderán ler no aula ou levar para a casa segundo conveñan entre todos. Finalmente a actividade recollerase nun álbum/peto/caderno. Podemos ver algúns deles: