martes, 24 de novembro de 2020

Día Internacional Eliminación da Violencia contra a muller

 

Co gallo da celebración o 25 de novembro do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller”, o noso centro súmase a dita reivindicación cunha emisión especial na nosa radio. Actividade creada e coordinada pola compañeira de Al Gloria,e pertence a unha das da liñas do noso proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) : "O alumnado de Mende experimenta coa Radio na Biblioteca" .

Dita actividade contou coa colaboración da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), contando coa participación de toda a comunidade educativa, levándose a cabo  diferentes gravacións do alumnado, profesorado e persoal non docente, e dando como resultado o seguinte arquivo que podedes escoitar a continuación: 


Maña mércores, 25 de Novembro será emitida as 09:00 da maña coma homenaxe a tódalas persoas vítimas desta lacra social e que esperemos que, tal e como se recolle na actividade, oxalá no ano 2050 non teñamos que lembrar este día .

venres, 20 de novembro de 2020

GAÑADOR DO CONCURSO "RELATOS DE SAMAIN 2020"

Nas diferentes etapas educativas participaron de forma voluntaria os nenos e nenas do cole nesta actividade arrepiante....e así o recollemos en infantil e primaria 








pero unha delas foi o GAÑADORA : A PAREDE DE BREOGÁN LOSADA ÁLVAREZ

desfutádea....é aterradora



FICHA RESUMO DOS XOGOS DO MAGOSTO 2020

Recollemos neste vídeo un resumo das fichas elaboradas polos nenos e nenas de Infantil e Primaria tras a realización dos xogos o pasado venres 13 de Novembro. Graciñas por participar.



martes, 17 de novembro de 2020

OS XOGOS DO MAGOSTO


O pasado venres 13 de novembro no noso centro festexamos O MAGOSTO
 


 
e así o recollemos en imaxes....esperemos que o desfrutedes.....

 
 
 

martes, 10 de novembro de 2020

AS PRIMEIRAS EMISIÓNS DA "RADIO DE MENDE"

 Este curso tan diferente temos que darlle un pouco de emoción e deste xeito nace un pequeno proxecto chamando " A RADIO DE MENDE" . Xa contamos coas primeiras emisións e están relacionadas coa temática do Samaín. A desfrutar!!!!

 

 

    http://www.edu.xunta.gal/centros/cpijosegarciaourense/taxonomy/term/73



 



mércores, 4 de novembro de 2020

O SAMAÍN DE MENDE

 Saúdos a tod@s:

"O prometido é deuda" di o refraneiro, e polo tanto convidámovos a que desfrutedes con este vídeo arrepiante no que se recolle unha reportaxe do festexo do Samaín no noso centro. Saúdos.....