Co gallo da celebración o 25 de novembro do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller”, o noso centro súmase a dita reivindicación cunha emisión especial na nosa radio. Actividade creada e coordinada pola compañeira de Al Gloria,e pertence a unha das da liñas do noso proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) : "O alumnado de Mende experimenta coa Radio na Biblioteca" .
Dita actividade contou coa colaboración da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), contando coa participación de toda a comunidade educativa, levándose a cabo diferentes gravacións do alumnado, profesorado e persoal non docente, e dando como resultado o seguinte arquivo que podedes escoitar a continuación:
Maña mércores, 25 de Novembro será emitida as 09:00 da maña coma homenaxe a tódalas persoas vítimas desta lacra social e que esperemos que, tal e como se recolle na actividade, oxalá no ano 2050 non teñamos que lembrar este día .
Ningún comentario:
Publicar un comentario