martes, 22 de decembro de 2020

TARXETAS DE NADAL

Xa chegou o Nadal e xunto coa Biblioteca e o Departamento de Plástica convocamos a todo o alumnado do centro a participar no concurso de postais de Nadal. No centro temos tradición de colaborar coa iniciativa de Nacións Unidas no "Ano Internacional da Economía Creativa para o Desenvolvemento Sostible" (Resolución aprobada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas o 19 de decembro de 2019) e

A postal gañadora foi a de UXÍA RODRÍGUEZ PÉREZ que será a postal de Nadal  para toda Comunidade Educativa neste curso 2020-2021.

Un resumo das máis representativas do concurso quedaron expostas no mural da Biblioteca. 

 

xoves, 3 de decembro de 2020

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

Hoxe 3 de Decembro  conmemorase o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Como ben sabedes o noso centro participa dende fai tempo no Plan Proxecta co programa " Mobilidade sostible e segura" e fai uns días pedíronnos un pequeno vídeo facendo unha homenaxe aos nenos e nenas do centro que percorren os corredores cada día. 

 Na páxina da DXT aparece un pequeno artigo facendo refrencia ao noso centro.

http://revista.dgt.es/es/noticias/nacional/2020/12DICIEMBRE/1203-Dia-Discapacidad.shtml#.X8dpkRP0nXQ

Esperemos que o desfrutedes.....

 

martes, 24 de novembro de 2020

Día Internacional Eliminación da Violencia contra a muller

 

Co gallo da celebración o 25 de novembro do “Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a muller”, o noso centro súmase a dita reivindicación cunha emisión especial na nosa radio. Actividade creada e coordinada pola compañeira de Al Gloria,e pertence a unha das da liñas do noso proxecto de Formación Permanente do Profesorado (PFPP) : "O alumnado de Mende experimenta coa Radio na Biblioteca" .

Dita actividade contou coa colaboración da Biblioteca e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG), contando coa participación de toda a comunidade educativa, levándose a cabo  diferentes gravacións do alumnado, profesorado e persoal non docente, e dando como resultado o seguinte arquivo que podedes escoitar a continuación: 


Maña mércores, 25 de Novembro será emitida as 09:00 da maña coma homenaxe a tódalas persoas vítimas desta lacra social e que esperemos que, tal e como se recolle na actividade, oxalá no ano 2050 non teñamos que lembrar este día .