mércores, 11 de xaneiro de 2023

RESUMO ACTIVIDADES NADAL 22


A continuación recóllense duas montaxes en video cun resumo das actividades  levadas a cabo no mes de decembro.

No seguinte enlace podedes ver as actividades complementarias: o alumnado de cuarto, quinto e sexto de EP no Gran Prix xogando a ser maiores; visita do coro do Ceip A Inmaculada para todo o alumnado de EI, EP e ESO; Lidia acércanos ó metodo Braille para ó alumnado de quinto, sexto e aula específica; e a entrega de tarxetas de Nadal na residencia da terceira idade (As Lagoas) polo alumnado de primeiro de ESO.


O último día deste primeiro trimestre viñeron o noso cole os Reis Magos, o Apalpador e Papá Noel recoller as nosas cartas e peticións... Levouse tamén a cabo un Photocoll navideño nas diferentes etapas educativas. O alumnado de diferentes cursos da ESO preparou panxoliñas para todos e tamén non faltaron as tradicionais campanadas... Premede no enlace que segue para ver o resumo.