sábado, 19 de novembro de 2022

BAILANDO POLA AMIZADE



O alumnado de infantil e primaria  creou mensaxes e bailou pola amizade. 

Este ano, o 11 de novembro, os nenos e nenas de varios países europeos participaron nun mesmo baile en favor da amizade.
Debido á  festividade do San Martiño fixemos a actividade esta semana. 

O obxectivo da Campaña Europea da Amizade é crear un compañerismo positivo que inclúa a tod@s e reduza o sentimento de soedade nos nen@s ó mesmo tempo que fai fincapé na diversidade e nas diferenzas de todas as persoas.

A continuación, podedes ver canto disfrutaron coa actividade, no  video que fixemos  o Equipo de Dinamización da Língua Galega.










 

Ningún comentario:

Publicar un comentario