Esta mércores 24 de febreiro festexaremos o “DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO” e dende o centro estamos preparando unha morea de cousas....vamos abrindo boca estes murais fermosísimos dos alumnos/as de 1º de primaria coa axuda da titora Susana e a mestra de PT María.....
En Infantil e Primaria faremos uns bandeiras coa cara da nosa poetisa elaborados polos alumnos/as e que serán o acompañamento perfecto para o RAP do poema de ADIÓS RIOS , ADIÓS FONTES interpretado polos alumnos/as de 6º de primaria, acompañados polo resto do alumnado que cantará un RETROUXO moi particular :
Que facía Rosalía?
Rosalía escribía?
Que escribía Rosalía?
Escribía poesía.
Realizaremos unha gravación e nos próximos días a desfrutaredes......
Ese mesmo día contamos con 2 actividades máis:
- - Nun mural branco teremos a nosa SÚPER HEROÍNA ROSALÍA que estará acompañada polos versos dos seus poemas máis coñecidos.
- - Tentaremos facer un mural “ POP ART” coas diferentes caras de Rosalía que decoraran as nosas paredes.
Na etapa de Secundaria levan días traballando na
lectura dos poemas de Rosalía e farán unha gravación co poema seleccionado que
se poderá escoitar ao longo destes días....
Ningún comentario:
Publicar un comentario