venres, 16 de outubro de 2020

ARRANCAMOS O CURSO 2020-2021

Estimadas familias:          

Xa estamos de volta  e damos comezo a este curso 2020-2021 con moitas ganas e ilusión.

Como ben sabedes, dada a situación de pandemia na que nos atopamos, lévanos a buscar outros medios de traballo e ferramentas tecnolóxicas, polo que vos pedimos a vosa colaboración. Dende o Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) queremos contar con toda a Comunidade Educativa do “CPI José García” para levar adiante tódalas iniciativas que queremos por en marcha.

 E así comezamos coa preparación da festividade  do SAMAÍN.   Propoñemos a realización dunha actividade na que os vosos fillos/as precisarán da vosa colaboración, dado que este curso non poderemos realizar a exposición coma os cursos anteriores.

A actividade consiste na DECORACIÓN DUNHA CABAZA (na que se poderá empregar diferentes técnicas), e tras a cal realizarán unha FOTO que será enviada ao noso correo electrónico mendeourense1@gmail.com ou o teléfono 699114362. Cada foto deberá acompañarse dun título, do nome e apelidos do neno/a e o curso ao que pertence.

Con todo o material que recibamos elaboraremos unha presentación virtual que colgaremos no blog do Equipo de Dinamización da Lingua Galega  https://mendefalagalego.blogspot.com/.

O prazo para participar remata o luns 26 de outubro.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

 

2 comentarios: