Na semana do 21 de marzo e para festexar o DÍA DA ÁRBORE dende o EDLG propuxéramos de forma voluntaria traer unha ficha cuberta dende o ámbito familiar na que se recollía a árbores preferidas coas características máis salientables. A continuación axuntamos un pequeno resumo da actividade. Coma sempre rematará en forma de libro e estará na biblioteca que sirva de consultar a todo o alumnado. Podédelo atopar no RECUNCHO DAS NOSAS CREACCIÓNS.
Non podemos esquecernos doutra das actividades propostas dende o proxecto de Educación Vial e na que o EDLG participou, para festexar o Día da árbore. Axuntamos o fermoso vídeo elaborado polo Equipo das Tics.
Ningún comentario:
Publicar un comentario