Comezamos engadindo INICIATIVAS DE OUTROS CENTROS EDUCATIVOS:
O alumnado de 2.º de bacharelato do IES Taboada Chivite quixo animar
a toda a comunidade educativa e agradecerlles a todos os sectores comprometidos
coa cidadanía a súa loita e compromiso nestes duros momentos que nos toca
vivir. Velaquí a súa achega. https://youtu.be/6PuuxgRCKaY
O CEIP
Plurilingüe Virxe do Camiño achégannos esta versión bilingüe do
coñecido conto dos tres porquiños. Os pequerrechos e as pequerrechas de
educación infantil escribiron o texto en versión bilingüe (galego e inglés),
crearon as ilustracións e puxéronlle voz: https://www.youtube.com/watch?v=nUJWw_dNkG4
O EDLG
do CEP Altamira realizou esta versión da canción “Afouteza” de Ruxe Ruxe para que o alumnado a poida cantar na súa
casa: https://www.edu.xunta.gal/centros/cepaltamira/node/479
Ao mesmo tempo
parecennos moi interesantes BLOGS E RECURSOS postos en marcha por
diferentes canles (Xunta de Galicia, colectivos de mestr@s de Galicia,
editoriais coma Kalandraka....) que achegan contidos e actividades para os máis
pequenos e que procuran aportar iniciativas para que as nais e pais galegos
teñan acceso a xogos, pautas e propostas para entreter aos seus fillos/as e que
continúen aprendendo durante esta etapa de confinamento. A continuación
engadimos algúns enlaces que nos pareceron moi interesantes:
Esperamos que sexan do voso interese. TOD@S XUNT@S NO CONFINAMENTO....
Ningún comentario:
Publicar un comentario