Os máis pequenos, o martes 31, comezaron o entroido co Domingo Fareleiro, que nos convertemos en Papeleiro.
O luns, día 6, celebramos o Domingo Oleiro, transformado en Luns Peloteiro,
e rematamos a semana co Xoves de Compadres coa correspondente carreira, no
tempo de lecer, entre todas as etapas, para salvar ou estragar o Compadre
segundo corresponda.
O luns, día 13, comezamos a semana cos mandadiños da DRUIDAS, convertindo cada día desta semana en troula e diversión. Tivemos a visita dos Felos de Esgos na ESO. O xoves 16, tiveron o seu momento as Comadres, con carreira coma no xoves anterior.
O venres 17 desfile dende o cole ata as pistas de atletismo do Campus Universitario.
Este ano a tema do desfile estivo relacionada coa Liña Temática deste curso "Exploramos e coñecemos a nosa contorna".
Así o alumnado disfrazado (traxes elaborados no centro e coa colaboración das familias) de Castrexos por unha banda e Romanos por outra escenificaron o Pacto de Paz, recollido na Tésera conservada en Celanova, para unha boa convivencia no Castro de San Tomé que temos na contorna do Centro e sobre o que leva investigado o alumnado.
Podedes ver un resumo premendo nos enlaces seguintes:
Corredoiro, visita dos Felos de Esgos e Comadres.
Ningún comentario:
Publicar un comentario