NO NOSO HORTO FLORECEN LENDAS
Co gallo da celebración do Día das
Bibliotecas Escolares e
en consonancia coa liña temática do centro para este curso, "Medra o horto e medramos nós", o
alumnado de primaria estivo elaborando a
súa planta ou froito correspondente na clase de Arts. O pasado luns 25 de outubro na Biblioteca do Centro, un grupo
do alumnado de atención á diversidade rematou a tarefa, facendo as letras do
lema para o mural e realizando a montaxe, que finalmente se colocou nunha
parede do patio da entrada. Podemos velo na seguinte ligazón do blog de 4º de
primaria
https://entreestrelasqueiluminan.blogspot.com/
Ningún comentario:
Publicar un comentario