domingo, 3 de novembro de 2024

RESUMO DO SAMAGOSTO

 


No cole de Mende celebramos o Samagosto contando coa colaboración de toda a comunidade educativa. Este ano fusionamos o Samaín e o Magosto na mesma festa.

No video podedes ver un resumo do acaecido no centro ó longo da semana: obras de teatro dos máis maiores, entrega dos premios ós gañadores dos concursos (debuxo e peso da cabaza), a lectura de historias de medo feita polas familias ó alumnando, actuación musical, contacontos con Sabela Gago, xogos populares e para rematar tocou disfrutar dun xantar típico destas datas.

Agradecer tamén a todas as familias que participaron na decoración do cole facendo co alumnado nas casas unhas basoiras terroríficas e moi aterradoras. 

A ilusión e a cara de ledicia de grandes e pequenos é o mellor agasallo.


mércores, 23 de outubro de 2024

PROGRAMA SAMAGOSTO



Xa comezamos a facer manualidades, decoracións, concursos.... para dar a benvida á festa do SAMAGOSTO. 

Celebraremos o Samaín e o magosto o vindeiro mércores día 30 de outubro. 

Aquí podedes consultar todo o que temos preparado, dando protagonismo ós diferentes membros da comunidade educativa.






 

domingo, 20 de outubro de 2024

QUEDA POUQUIÑO PARA SAMAÍN!!!


Para ir quentando motores... 

ANIMAMOS a todo o alumnado a que participe nos 
CONCURSOS DE SAMAÍN.

 "CONCURSO Ó DEBUXO TERRORÍFICO MÁIS CREATIVO" (alumnado de EI  e EP)

" CONCURSO Ó CALACÚ MÁIS FEO DO MUNDO" 
(alumnado da ESO)

AÍNDA QUE HABERÁ PREMIOS, O MÁIS IMPORTANTE É 

PARTICIPAR!!!

En breve publicaremos un adianto do programa do SAMAGOSTO 24.

 

martes, 4 de xuño de 2024

PARABÉNS POLO PREMIO Ó ALUMNADO DE 6º EP!!!

 



Como ven sucedendo nos últimos curso, un grupo do alumnado de 6º de Primaria participa na convocatoria de Premios Podcast o Vello dos Contos, que neste curso xa van pola VI edición, quedando este curso como 4º finalistas.

PARABÉNS!! E GRAZAS ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que cada ano nos ofrecen a posibilidade de participar.

VER AQUÍ RESUMO

venres, 24 de maio de 2024

XA CHEGA A TARABELA Nº13

 


Un ano máis grazas á participación dos diferentes membros da comunidade educativa é posible un novo número da nosa revista escolar.

Na Tarabela Nº 13 recóllense unha gran variedade de actividades e o máis importante de todo... poderedes ver os ollos de ledicia de grandes e pequenos mentres disfrutan e aprenden un montón.

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA PARTICIPACIÓN.

DISFRUTÁDEA!!!

SEMANA DAS LETRAS GALEGAS

 




Durante varias semanas  o alumnado do centro foi realizando tarefas diversas relacionadas coa autora homenaxeada este ano no día das letras Galegas, Luísa Villalta, dende cancións, murais, construcións, decoración, programas de radio, actividades de investigación... e ata visitas guiadas por alumnado da ESO,  pola fermosa Torre de Hércules "Mendeliana". 

Grandes Artistas... Parabéns polo gran traballo feito!!


A continuación un resumo do acaecido no noso cole.

 VER RESUMO 

venres, 10 de maio de 2024

SEMANA DO LIBRO

 




Na semana do libro fixemos un gran mural con monicreques representando o alumnado o seu libro favorito, unha alumna da Eso leu un capitulo do libro "Las aventuras de D. Quijote de la Mancha", algunhas familias do alumnado de infantil e primaria viñeron contar contos ás aula, tivemos intercambio de libros na feira do libro, dende a biblio tamén se agasallou ó alumnado con algúns libros...

No seguinte enlace podedes ver un resumo do acaecido no cole.



venres, 19 de abril de 2024

CONMEMORANDO O 8 M


 Como cada 8M no cole organizamos diferentes actividades para celebrar esta conmemoración.

O alumnado de infantil e primaria fixo de xeito conxunto un mural sobre mulleres galegas significativas. Moi bo traballo rapazada, quedou así de bonito!!!



O alumnado de ESO gravou un audio CUN TOQUE DE HUMOR E CRÍTICA AOS ESTEREOTIPOS SOCIAIS.

POR UNHA IGUALDADE REAL PARA TOD@S!

No seguinte enlace podedes escoitalo e disfrutalo!!

AUDIO AQUÍ


domingo, 3 de marzo de 2024

SEMANA DE ROSALÍA

 


A semana do 19 ó 23 de febreiro o alunmando das diversas etapas educativas participou en actividades para lembrar a nosa escritora galega ilustre Rosalia de Castro.
Grazas infinitas Rosalía por ser faro e luz para a nosa língua.
A continuación un resumo do acaecido no centro.
RESUMO AQUÍ

xoves, 15 de febreiro de 2024

VIVA O ENTROIDO !!!!





Tivemos no cole varias semanas de troula e diversión. 

A continuación nos diferentes enlaces un resumo do acaecido no centro.





PROGRAMA CELEBRACIÓNS XANEIRO E FEBREIRO

 

Chegamos das vacacións de Nadal con moita enerxía e con ganas de seguir aprendendo e disfrutando xuntos. A continuación no enlace un adianto das actividades que terán lugar no centro nos meses de xaneiro e febreiro. 



Programa