martes, 25 de febreiro de 2025

ROSALÍA SUPERHEROÍNA

 


A semana do 17 ó 21 de febreiro estivemos traballando nas aulas a Rosalía de Castro.

Lembrando o legado tan grande que nos deixou.  
Xunto con Pondal e Curros foi unha autora que marcou un antes e un despois á nosa língua.

A continuación recóllese unha mostra das diferentes actividades  que fixemos para homenaxeala.










martes, 11 de febreiro de 2025

QUENTANDO MOTORES PARA O DÍA GRANDE DO ENTROIDO!


XA SE SINTE O AMBIENTE DE TROULA!
ESTE LUNS COMEZOU EN MENDE O ENTROIDO CO XA TRADICIONAL LUNS PAPELEIRO ONDE O ALUMNADO DE PRIMARIA SUSTITUÍU A TRADICIONAL FARIÑA DO "FARELEIRO DE XINZO" POLAS SÚAS PELOTAS DE PAPEL.






 

PAZ E NON VIOLENCIA




O  alumnado de primaria fixo unha exposición con algunhas fotografías de Oliviero Toscani falecido recentemente. Decoraron os seus marcos de xeito libre deixando uns fermosos traballos.


   O xoves 30 de xaneiro de 2025  todo o centro educativo cantou unha melodía adaptada pola profesora de música Patricia Gamallo co seu alumnado que titulamos "Nacerán as oliveiras" en relación cos poemas expostos por cidadáns que viviron a guerra sufrida en Gaza (Palestina) e en conmemoración do Día da Paz

VIDEO RESUMO