luns, 26 de abril de 2021

xoves, 15 de abril de 2021

QUENTAMOS MOTORES PARA O DÍA DO LIBRO E AS LETRAS GALEGAS 2021

 O mes de abril no noso centro comeza con propostas variadas para festexar o Día do Libro e a Xela Arias, poeta das Letras Galegas 2021. 

 Deste xeito as nosas propostas para ir traballando avanzámolas a continuación: 
Iremos informando dos  traballos....


RESUMO DO DÍA DA ÁRBORE EN MENDE

 Co gallo de festexar o DÍA DA ÁRBORE o pasado mes de marzo, o alumnado de 1º de ESO realizou unha actividade ao longo do 2º trimestre que consistiu en identificar as distintas árbores do noso xardín  e colocar placas de lousa cos datos correspondentes. Esta actividade estivo coordinada pola profesora de Bioloxía e Xeoloxía Bea Lobelle coa colaboración do EDLG e o Equipo de Biblioteca. 

A continuación un vídeo resumo desta fermosa actividade.

do E


martes, 23 de marzo de 2021

CHEGOU A PRIMAVERA A MENDE

 Esta semana comezou a primavera e así lle damos a benvida.....



GAÑADORA DO CONCURSO DO DÍA DA MULLER TRABALLADORA

 Xa temos gañadora do concurso do Día da Muller Traballadora que neste ano recaeu en Salomé Mª Rolong Sierra de 3º de primaria. A gañadora recibiu un vale de 30 euros para mercar nunha librería.

 
Foi unha decisión complicada para o EDLG elixir entre todos os relatos, pero este foi o máis emotivo:
e fíxose entrega á gañadora que estivo acompañada da súa titora e a responsable da biblioteca. 
Parabéns Salomé Mª !

 

 
 


luns, 8 de marzo de 2021

8 de marzo do 2021 en Mende

 Outro ano máis o noso centro súmase a festexar o DÍA DA MULLER TRABALLADORA no que os noso alumnado colaborou na realización de diversas actividades e que hoxe amosamos o resultado final dalgunhas delas. 

Estes foron algúns dos relatos e debuxos finalistas no concurso proposto dende o EDLG e Biblioteca:

Ainara, África, Mariana, Lidia e Leire alumnas de 6º de EP fixeron un fermosos mural reinvidicativo: 

Os alumn@s de secundaria de Lingua Galega homeneaxearon as nosas poetas galegas e mulleres reinvindicativas da lingua.


Os nenos e nenas de Infantil e Primaria renderon culto as súas nais, avoas, irmáns, tías....realizando diferentes e variados debuxos e redaccións sobre o traballo diario que desenvolven cada día visto polos ollos de cada un deles. Unha pequena mostra 








Un mural recolle algúns dos traballos ....e co resto faremos un fermoso libro para a biblioteca. 

E Xoel de 3º de primaria homeneaxeou a súa nai con este fermoso traballo....