Hoxe 3 DE DECEMBRO queremos facer unha pequena homenaxe ás DIVERSIDADES do noso centro... Esperamos que vos guste..
DÍA DAS CAPACIDADES DIVERSAS 2021 - Kizoa Movie Maker
Hoxe 3 DE DECEMBRO queremos facer unha pequena homenaxe ás DIVERSIDADES do noso centro... Esperamos que vos guste..
O pasado 19 de novembro algúsns alumnos/as de primaria uníronse á iniciativa da "Celebración da Campaña Europea da Amizade 2021", cantando
e bailando a canción "Dinamita" de Samantha.
A compañeira de Audición e Linguaxe Silvia, levou a cabo unha actividade cos máis pícaros no que despois da lectura de contos
plasmaron os seus medos a través de diferentes debuxos moi creativos!A continuación amosamos algúns deles:
Coma todos os anos engadimos unha pequena mostra de todos os traballos levados a cabo para festexar o noso Magosto....
A pasada tarde noite do martes 26 de outubro tivemos unha visita inesperada: A SANTA COMPAÑA!!!!. Un grupo de ánimas de mestres/as do centro percorreron o horto e a zona do muíño atrapando ao conserxe Manolo que se deixou levar....Remataron a visita cunha cea-baile e, polo que se pode ver nas imaxes, desfrutaron das nosas instalacións....
Este acontecemento foi recollido por varios alumnos/as de 4º da ESO entre os que se atopaban Noa M.(reportaxe de vídeo) e Iago (violinista) pero destacando a axuda desinteresada de Breixo F. Chapela que fixo a montaxe e que nos agasallou con este arrepiante vídeo....Desfrutádeo.....!!!!
E continuamos amosando algúns dos traballos realizados polos alumnos/as do noso centro nesta semana de Samaín. Unha das actividades que plantexamos dende o EDLG foi a de continuar un "CONTO TERRORÍFICO" que tiña coma escenario principal o noso horto, tema principal de todas as actividades. Para tal fin o Departamento de Lingua Galega de Secundaria elaborou o inicio dun conto que os alumnos/as tiñan que continuar.
A continuación podemos ver algúns dos contos elaborados polos alumnos/as:
Un grupo de nais e pais quixeron agasallar aos nosos pequenos de infantil e primaria cunhas contadas arrepiantes no día da celebración dos festexos.....QUE SUSTOS LEVARON TODOS!!!!