xoves, 27 de outubro de 2022

CHEGA SAMAÍN!!


 Xa queda moi pouco para o Samaín 2022... Aquí recollemos un adianto do programa de celebracións e festexos que disfrutaremos.

venres, 21 de outubro de 2022

RECOMENDACIÓNS PARA LER NO SAMAIN


 MOITO MAXÍN NO SAMAÍN! É hora de contar historias de medo e votar a rir...

A continuación recóllense organizadas por idades diferentes recomendacións de libros para ler, tremer de medo, rir a esgalla... 
















mércores, 19 de outubro de 2022

PARTICIPACIÓN DO ALUMNADO DE 1º E 2º EP NA SEMANA DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS



 Este curso escolar comezou sen restriccións . Algo moi positivo e que todos e todas estábamos desexando. Permitirá voltar a normalidade  e disfrutar dun montón de aventuras, ver de novo os nosos sorrisos... Aquí podedes ver  un video do alumnado de 1º e 2º de EP mentras disfruta dunha actividade organizada polo Concello de Ourense na Semana de prevención de incendios. Aprenderon moito e nas súas caras podedes ver que o pasaron xenial.

martes, 26 de abril de 2022

LECTURAS ALUMNADO DA ESO AO ALUMNADO DE PRIMARIA

 Continuamos festexando a Semana do Libro e nesta ocasión foron os nenos/as e nenas da ESO os que viñeron LER diferentes contos aos máis pequenos. 


Canto lles gustou, e para mostra a seguinte reportaxe fotográfica....







luns, 25 de abril de 2022

LETRAS GALEGAS 2022: FLORENCIO MANUEL DELGADO GURRIARÁN

A Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) acaba de abrir un novo espazo dedicado a Florencio Manuel Delgado Gurriarán, o escritor que será homenaxeado o 17 de maio. Alén da súa biografía, tedes á vosa disposición diversos recursos dos equipos de dinamización da lingua galega (EDLG): https://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/dia-das-letras-galegas.


sábado, 23 de abril de 2022

DÍA DO LIBRO E SEGURIDADE VIAL

Aproveitamos este día para facer un pequeno contacontos aos alumnos/as de infantil e primeiro ciclo de primaria. Escollemos o libro "A GALIÑA GALIÑETA" que nos ensinaba como debemos de estar moi atentos ao movernos polas rúas da cidade. Mirade que ben o pasaron: 








Pero o día non rematou e tamén aproveitamos para realizar unha actividade con cars que foi a ledicia de todos os nosos/as pícaros/as: 




DÍA DO LIBRO 2022

O venres 22 de abril realizáronse diferentes actividades no centro para conmemorar dita festividade. Unha delas foi a elaboración dun fermoso mural ao que chamamos “INFANTIL E PRIMARIA RECOMENDA LER" na que os nenos e nenas facíannos participes das súas lecturas favoritas. Engadimos fotos do mural para que vexades que fermoso quedou: