mércores, 4 de decembro de 2024

25 N


Para conmemorar o 25 no centro levaronse a cabo diferentes actividades.
. Mural conxunto en primaria.

. Actividades diversas a nivel de aula.

.Contacontos " O conto de Pepuka" para EI e EP.





.Programa de radio mende que se pode escoitar no enlace que segue.



 

NOVIDADES



Chegan á biblio do noso cole máis libros en galego.
Desexamos que ler se convirta nun pracer e que valoren e sintan gozo pola lingua galega.
Son para os lectores máis cativos e para o alumnado de primaria. 
Contos, comics, preguntas e respostas...!

Xa están dispoñibles para viaxar ás casas.

 

domingo, 3 de novembro de 2024

RESUMO DO SAMAGOSTO

 


No cole de Mende celebramos o Samagosto contando coa colaboración de toda a comunidade educativa. Este ano fusionamos o Samaín e o Magosto na mesma festa.

No video podedes ver un resumo do acaecido no centro ó longo da semana: obras de teatro dos máis maiores, entrega dos premios ós gañadores dos concursos (debuxo e peso da cabaza), a lectura de historias de medo feita polas familias ó alumnando, actuación musical, contacontos con Sabela Gago, xogos populares e para rematar tocou disfrutar dun xantar típico destas datas.

Agradecer tamén a todas as familias que participaron na decoración do cole facendo co alumnado nas casas unhas basoiras terroríficas e moi aterradoras. 

A ilusión e a cara de ledicia de grandes e pequenos é o mellor agasallo.


mércores, 23 de outubro de 2024

PROGRAMA SAMAGOSTO



Xa comezamos a facer manualidades, decoracións, concursos.... para dar a benvida á festa do SAMAGOSTO. 

Celebraremos o Samaín e o magosto o vindeiro mércores día 30 de outubro. 

Aquí podedes consultar todo o que temos preparado, dando protagonismo ós diferentes membros da comunidade educativa.






 

domingo, 20 de outubro de 2024

QUEDA POUQUIÑO PARA SAMAÍN!!!


Para ir quentando motores... 

ANIMAMOS a todo o alumnado a que participe nos 
CONCURSOS DE SAMAÍN.

 "CONCURSO Ó DEBUXO TERRORÍFICO MÁIS CREATIVO" (alumnado de EI  e EP)

" CONCURSO Ó CALACÚ MÁIS FEO DO MUNDO" 
(alumnado da ESO)

AÍNDA QUE HABERÁ PREMIOS, O MÁIS IMPORTANTE É 

PARTICIPAR!!!

En breve publicaremos un adianto do programa do SAMAGOSTO 24.

 

martes, 4 de xuño de 2024

PARABÉNS POLO PREMIO Ó ALUMNADO DE 6º EP!!!

 



Como ven sucedendo nos últimos curso, un grupo do alumnado de 6º de Primaria participa na convocatoria de Premios Podcast o Vello dos Contos, que neste curso xa van pola VI edición, quedando este curso como 4º finalistas.

PARABÉNS!! E GRAZAS ao IES Rosalía de Castro de Santiago de Compostela e Arraianos Producións, en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia que cada ano nos ofrecen a posibilidade de participar.

VER AQUÍ RESUMO

venres, 24 de maio de 2024

XA CHEGA A TARABELA Nº13

 


Un ano máis grazas á participación dos diferentes membros da comunidade educativa é posible un novo número da nosa revista escolar.

Na Tarabela Nº 13 recóllense unha gran variedade de actividades e o máis importante de todo... poderedes ver os ollos de ledicia de grandes e pequenos mentres disfrutan e aprenden un montón.

MOITAS GRAZAS A TOD@S POLA PARTICIPACIÓN.

DISFRUTÁDEA!!!