Mende fala galego!
Blog adicado a Dinamización da Lingua Galega no noso centro.
xoves, 18 de decembro de 2025
CHEGA O NADAL!!!
Para dar comezo as festas de Nadal que están a piques de comezar hoxe en Mende tivemos teatro e tamén a visita do Apalpador.
25 N
Para celebrar o 25 N o alumnado de infantil e primaria fixo un mural simulando un iceberg.
Mediante palabras tomaron conciencia da violencia tanto visible coma a invisible.
sábado, 15 de novembro de 2025
CHEGAN NOVOS LIBROS A BIBLIO DE MENDE
Alumnado e profesorado xa pode disfrutar de novos libros e lecturas na biblioteca do cole.
EMÉRXETE NA AVENTURA DA LECTURA!!
mércores, 5 de novembro de 2025
QUENTANDO MOTORES PARA O MAGOSTO!!
O alumnado de 2º ESO, guiados pola profe Patricia,
quenta motores para o magosto
practicando literatura oral popular sobre esta festividade
acompañada de percusión corporal.
martes, 4 de novembro de 2025
SAMAÍN 2025
Tivemos unha gran variedade de actividades nas que participaron toda a comunidade Educativa.
Algúns papás e mamás viñeron contarnos uns contos arrepiantes... que nos fixeron tremer de medo... e tamén sacar algunha que outra risada.
Coa contacontos Eva Tato pasamos un momento moi entretido e cheo de sabiduría onde a risa sempre estivo presente. Na súa obra coñecemos as raíces do noso Samaín, onde os celtas na noite do 31 de outubro comezaban o aninovo, marcando a transición do verán ó inverno. Noite na cal crían que se abría unha porta e o mundo dos vivos e dos mortos quedaba en comunicación, polo menos unhas horas...
Agradecer a colaboración de todas as familias que participaron coas suas terroríficas creacións na ambientación do cole.
domingo, 12 de outubro de 2025
PROXIMAMENTE CHEGA SAMAÍN!!
Xa queda moi pouco para festexar no cole o Samaín.
Compartimos un pequeno avance do programa e animamos o alumnado a participar na creación dunha manualidade en familia para facer no cole unha exposición.
Subscribirse a:
Comentarios (Atom)
.png)













.jpg)
