martes, 4 de novembro de 2025

SAMAÍN 2025



O mércores 29 e o xoves 30 de outubro no cole de Mende celebramos o Samaín.

Tivemos unha gran variedade de actividades nas que participaron toda a comunidade Educativa. 





Algúns papás e mamás viñeron contarnos uns contos arrepiantes... que nos fixeron tremer de medo... e tamén sacar algunha que outra risada.


Coa contacontos Eva Tato pasamos un momento moi entretido e cheo de sabiduría onde a risa sempre estivo presente. Na súa obra coñecemos as raíces do noso Samaín, onde os celtas na noite do 31 de outubro comezaban o aninovo, marcando a transición do verán ó inverno. Noite na cal crían que se abría unha porta e o mundo dos vivos e dos mortos quedaba en comunicación, polo menos unhas horas... 



Alumnado de PDC sorprendeu ós seus compañeiros coa escenificación da
"Cea de ánimas" e tamén tivemos a visita da pitonisa Lola que levou a cabo varias actividades que encantaron ó alumnado de infantil e primaria.

Agradecer a colaboración de todas as familias que participaron coas suas terroríficas creacións na ambientación do cole. 




 


Ningún comentario:

Publicar un comentario