Despedimos outubro coa festa terrorífica do Samaín!!!
Decoramos o cole con elementos típicos desta festa e murais colaborativos interetapas dunha cidade ateigada de lixo da que os humanos do futuro tiveron que fuxir, relacionando coa liña temática deste ano como xa se explico en anteriores entradas.
As familias participaron coas suas creacións de "casiñas monstruosas" con elementos de refugallo. Un grupo de nais tamén nos contou historias terroríficas, fixo xogos polas aulas de Infantil Primaria, así coma un obradoiro de maquillaxes de terror.
Visitounos Anxo Moure e todo o alumnado disfrutou da súa sabedoría sobre os celtas e o coidado da natureza con fermosas historias dramatizadas.
Tamén nos asinou algúns dos libros que escribiu e quedan na biblio do cole para disfrutar a súa lectura.
A continuación un resumo do acaecido no centro onde grandes e pequenos se transformaron terroríficamente por un tempo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario