venres, 10 de xaneiro de 2025

DE OURENSE Á ANTÁRTIDA SEN SAÍR DO NOSO COLE

 




Hoxe ás 10 da mañá o alumnado de 3º e 4º de Primaria tivo unha videoconferencia  coa Base Antártica Española " Gabriel de Castilla", donde actualmente se encontra. 

Un militar e unha científica expuxéronnos en que consiste o seu traballo, as características deste continente... ademáis dunha variedade moi significativa de imaxes que falan por sí mesmas.

Algo que ó alumnado lle fixo moita ilusión foi poder apadriñar un pirgüín ó que lle puxemos de nome Pepiño.

Na parte final da activiadede houbo un turno de preguntas onde  todos os coles que participamos nesta conexión tivemos a oportunidade de que nos resolvesen as nosas inquedanzas.













RESUMO DAS ACTIVIDADES DO NADAL


O alumnado de Mende participou nunha morea de actividades onde disfrutou da maxia do Nadal.

Visita do Apalpador. Algúns alumnos e alumnas de ESO guiados polo profe Xulio de Lingua Galega escenificaron algunhas obras de teatro para dar a coñecer o resto do alumnado esta figura típica galega.

O Papá Noel e os Reis Magos tamén estiveron de visita polo noso cole.

Scape room para infantil e primaria organizado pola Anpa.

O alumnado de Infantil converteuse en chef e nalgunhas aulas de primaria tamén se fixeron outro tipo de actividades coma o amigo invisible, entre outras.

Sorteouse unha cesta de Nadal e unha bici de montaña infantil.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL organizado polo equipo da biblioteca.
No enlace seguinte poden verse as postais gañadoras.







 

SAÍDA AUDITORIO " CANTAR NO NADAL"



O alumnado de 1º, 2º e 3º de Educación Primaria o xoves
 12 de Decembro pasou unha entretida xornada no auditorio onde a música, o baile, a ilusión.... foron os principais protagonistas.

Poder ver de preto a Papá Noel, entregarlle as súas cartas cos seus desexos foi para todos eles un momento máxico.