venres, 10 de xaneiro de 2025

RESUMO DAS ACTIVIDADES DO NADAL


O alumnado de Mende participou nunha morea de actividades onde disfrutou da maxia do Nadal.

Visita do Apalpador. Algúns alumnos e alumnas de ESO guiados polo profe Xulio de Lingua Galega escenificaron algunhas obras de teatro para dar a coñecer o resto do alumnado esta figura típica galega.

O Papá Noel e os Reis Magos tamén estiveron de visita polo noso cole.

Scape room para infantil e primaria organizado pola Anpa.

O alumnado de Infantil converteuse en chef e nalgunhas aulas de primaria tamén se fixeron outro tipo de actividades coma o amigo invisible, entre outras.

Sorteouse unha cesta de Nadal e unha bici de montaña infantil.

CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL organizado polo equipo da biblioteca.
No enlace seguinte poden verse as postais gañadoras.







 

Ningún comentario:

Publicar un comentario