Co gallo do “DÍA DA POESÍA” o 21 de MARZO no centro fixemos una actividade moi divertida a que chamamos “POEMAS VOADORES”. Consistiu en que cada etapa educativa elaboraran o seu avión de papel que contiñan poemas escritos. Na hora do tempo de lecer os alumnos/as da ESO lanzaron para polas fiestras ditos poemas aos nenos/as de primaria e no patio dos alumnos/as da ESO fixeron o mesmo aos alumnos de infantil e primaria. A continuación unha reportaxe de dito acontecemento.
mércores, 30 de marzo de 2022
DÍA DA ÁRBORE 2022
Na semana do 21 de marzo e para festexar o DÍA DA ÁRBORE dende o EDLG propuxéramos de forma voluntaria traer unha ficha cuberta dende o ámbito familiar na que se recollía a árbores preferidas coas características máis salientables. A continuación axuntamos un pequeno resumo da actividade. Coma sempre rematará en forma de libro e estará na biblioteca que sirva de consultar a todo o alumnado. Podédelo atopar no RECUNCHO DAS NOSAS CREACCIÓNS.
Non podemos esquecernos doutra das actividades propostas dende o proxecto de Educación Vial e na que o EDLG participou, para festexar o Día da árbore. Axuntamos o fermoso vídeo elaborado polo Equipo das Tics.
martes, 8 de marzo de 2022
REINVINDICANDO O 8 DE MARZO
Co gallo dos festexos para reivindicar a igualdade neste día tan sinalado, o EDLG propuxera a elaboración por cursos dunha pequena actividade. Consistía en que en cada titoría elixira unha figura dunha MULLER que destacara este último curso 2021-22 nalgunha actividade que lles resultara curiosa. Coma condición: tiña que ser galega e muller!!! Estas foron as homeneaxedas:
En Educación Infantil : AS TANXUGUEIRAS
Os alumnos/as de
5º de primaria realizaron unha entrevista (da cal daremos conta) a MARÍA
RODRIGO YANGUAS, recoñecida xadrecista!!
CAMISETAS GAÑADORAS EN INFANTIL E PRIMARIA NO CONCURSO DE ROSALÍA DE CASTRO
Temos que anunciar dous gañadores no concurso de deseño de camisetas na Semana de Rosalía e que recibiron un premio dotado de 30 euros para consumir nunha das librerías amigas! Estes alumnos foron Roi de 5º de Educación Infantil
xoves, 3 de marzo de 2022
COMEZAMOS COAS PRIMEIRAS ACTIVIDADES PARA FESTEXAR 8 DE MARZO
Aproveitamos esta data para recuperar un recurso moi interesante do curso pasado e que seguro lle sacaredes partido! Descubride que se agocha....
https://drive.google.com/file/d/1lSdg5yjM4dOCwIoobXa7cQbu7nvbbrGW/view
domingo, 27 de febreiro de 2022
VÍDEO RESUMO CAMISETAS ROSALIANAS 2022
No seguinte enlace podedes desfrutar dun pequeno vídeo da actividade CAMISETAS ROSALIANAS
AVANCE DO ENTROIDO 2022
Este ano seguimos un proxecto, MEDRA A HORTA, MEDRAMOS NÓS, e o Entroido en Mende estivo composto de ducias de hortalizas, froitos, verduras e seres mitolóxicos incribles! Nos seguintes vídeos amosamos un pequeno resumo:

















