luns, 20 de novembro de 2023

FESTEXAMOS O MAGOSTO 2023!!!

 


TEMPO DE MAGOSTO, DE TROULA DE COMER 

CHOURIZOS, EMPANADA, CASTAÑAS... 

E ATA DEGUSTAMOS 

CHOCOLATADA E BICA.

NO SEGUINTE ENLACE PÓDESE VER UN RESUMO 

DO ACAECIDO NO  CENTRO PARA 

FESTEXAR O MAGOSTO.


             RESUMO EN VIDEO

xoves, 2 de novembro de 2023

CELEBRACIÓN SAMAÍN 2023




Despedimos outubro coa festa terrorífica do Samaín!!!

Decoramos o cole con elementos típicos desta festa e murais colaborativos interetapas dunha cidade ateigada de lixo da que os humanos do futuro tiveron que fuxir, relacionando coa liña temática deste ano como xa se explico en anteriores entradas.

As familias participaron coas suas creacións de "casiñas monstruosas" con elementos de refugallo. Un grupo de nais tamén nos contou historias terroríficas, fixo xogos polas aulas de Infantil  Primaria, así coma un obradoiro de maquillaxes de terror.

Visitounos Anxo Moure e todo o alumnado disfrutou da súa sabedoría sobre os celtas e o coidado da natureza con fermosas historias dramatizadas.

Tamén nos asinou algúns dos libros que escribiu e  quedan na biblio do cole para disfrutar a súa lectura.

A continuación un resumo do acaecido no centro onde grandes e pequenos se transformaron terroríficamente por un tempo.

VER VIDEO AQUÍ




luns, 30 de outubro de 2023

PROGRAMA DO SAMAÍN!!!

 


QUEDA MOI POUCO PARA QUE COMECE A TROULA POLO SAMAÍN!

AQUÍ ESTÁ O PROGRAMA DESTE ANO. A DISFRUTAR MOITO!!!




domingo, 17 de setembro de 2023

XA ESTAMOS DE VOLTA!!

 



Este curso elaboramos a Proxecto de dinamización da lingua galega arredor do proxecto común de centro “MENDELIANOS Ó RESCATE”. 

Centrado na película Wall-E estreada no ano 2008, dirixida por Andrew Stanton, producida por Pixar Animation Studios e distribuida por Walt Disney.  

Nela retrátase unha escura realidade e un futuro que non está tan lonxe da especie humana, onde o consumismo e a irresponsabilidade dos humans na sociedade capitalista acaban coa vida na terra. Está cargada de valores: esforzo, amizade, solidaridade, empatía... 

É unha película social, ecolóxica e anticonsumista. Cargada dunha mensaxe de aviso pero tamén de esperanza.


mércores, 14 de xuño de 2023

TARABELA 12: XORNAL ESCOLAR CURSO 22_23

 





Aquí temos a TARABELA número 12 .

 O xornal escolar deste curso 2022-2023.

PARABÉNS  E MOITAS GRAZAS A TOD@S OS QUE FIXESTES QUE ENTRE TOD@S FOSE POSIBLE!!!

Preme AQUÍ e a disfrutala.

luns, 12 de xuño de 2023

TEATRO DE MONICREQUES: " UN SOÑO É..."


   O pasado venres día 9 de xuño tivemos un teatriño de monicreques no cole.


Organizado por un grupo do alumnado da ESO, na materia de Lingua Galega, para o alumnado de Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria.


Unha actividade interetapas na que todos o pasaron xenial.

 PARABÉNS!!

Ver video resumo da actividade AQUÍ