luns, 31 de marzo de 2025

CONTA COMIGO



O xoves 27 de marzo no cole contando coa colaboración de toda a comunidade educativa celebramos o día da narración oral galega.

A actividade organizouse dende o Equipo da biblioteca, o departamento de Lingua Galega e o Equipo de dinamización da Lingua Galega.
 
CONTA COMIGO, contos por parellas, levouse a cabo polas diferentes aulas do centro. Dende os máis cativos de infantil ata os maiores de Eso disfrutaron das lendas e dos contos.

Agradecer a colaboración de todos e todas os que fixestes posible que unha xornada de sabiduría interxeracional tivese lugar no noso cole.









 

Ningún comentario:

Publicar un comentario