Na semana do libro o alumnado e o profesorado do noso cole recomendou ler os seus libros favoritos, os cales podedes consultar no seguinte enlace:
O 23 de abril pola mañá como ven sendo tradicional, emitiu Radio Mende o seu programa con lecturas de textos de Don Quijote de la Mancha para todo o centro.
Tamén se foi confeccionando o longo da semana a "Árbore literaria" e se decorou cos pequenos libros que foi facendo o alumnado en diferentes idiomas. O alumnado de PDC foi o que creou a árbore, actividade que formaba parte dun proxecto coordinado polos seus profesores dos ámbios científico e linguístico. No seguinte enlace podedes ver o chula que quedou esta actividade.
Ningún comentario:
Publicar un comentario