luns, 19 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025


O venres 16 de maio festexamos todos xuntos no cole de Mende as letras galegas, adicadas este ano ás Cantareiras. 

Cantamos unha cantiga de Eva Castiñeira "A danza" acompañando co son das nosas pandeiretas e guiados pola profe Patricia de Música.

Nas clases de Tecnoloxía deseñaron o modelo para elaborar as pandeiretas e durante a semana o alumnado de PDC, co seu profe Xulio, fixeron de monitores para todo o alumnado do centro. 

Parabéns polo fermoso traballo!!



QUE SOE A NOSA LÍNGUA!!!






 

Ningún comentario:

Publicar un comentario