mércores, 21 de maio de 2025

CORRELÍNGUA 2025


O alumnado de 1º de ESO participou no correlíngua 2025, 
celebrado o 21 de maio na nosa cidade.

Foi unha xornada de troula, diversión... 
espertando tamén consciencia para que a mocidade fale galego
 e valore a riqueza da nosa língua.





 

luns, 19 de maio de 2025

LETRAS GALEGAS 2025


O venres 16 de maio festexamos todos xuntos no cole de Mende as letras galegas, adicadas este ano ás Cantareiras. 

Cantamos unha cantiga de Eva Castiñeira "A danza" acompañando co son das nosas pandeiretas e guiados pola profe Patricia de Música.

Nas clases de Tecnoloxía deseñaron o modelo para elaborar as pandeiretas e durante a semana o alumnado de PDC, co seu profe Xulio, fixeron de monitores para todo o alumnado do centro. 

Parabéns polo fermoso traballo!!



QUE SOE A NOSA LÍNGUA!!!






 

mércores, 14 de maio de 2025

OS MAIOS


 O día 9 de maio celebramos  "Os maios" en Mende.

O alumnado trouxo materiais do contorno para a confección do noso maio.

 O alumnado de infantil e primaria fixeron grilandas con pampillos, flores... e o alumnado de 2º de Eso cantou coplas sobre a vida no centro.

No seguinte enlace podedes ver a letra das coplas e máis información:

MÁIS INFORMACIÓN


SEMANA DO LIBRO


Na semana do libro o alumnado e o profesorado do noso cole recomendou ler os seus libros favoritos, os cales podedes consultar no seguinte enlace:

LECTURAS RECOMENDADAS


O 23 de abril pola mañá como ven sendo tradicional, emitiu Radio Mende o seu programa con lecturas de textos de Don Quijote de la Mancha para todo o centro.

Tamén se foi confeccionando o longo da semana a "Árbore literaria" e se decorou cos pequenos libros que foi facendo o alumnado en diferentes idiomas. O alumnado de PDC foi o que creou a árbore, actividade que formaba parte dun proxecto coordinado polos seus profesores dos ámbios científico e linguístico. No seguinte enlace podedes ver o chula que quedou esta actividade.


ÁRBORE LITERARIA